Opciones de impresión:

Croquetas de queixo de Tetilla

Croquetas-de-queixo
Método de cocción
Cocina
Dificultad Intermedio
Tempo
Tiempo de preparación: 30 minuto(s) Tiempo de descanso: 60 minuto(s) Tiempo total: 1 h 30 mins
Porciones 6
Mejor temporada Adecuado durante todo el año
Descripción

É un dos queixos máis representativos da gastronomía galega, un manxar co que poderás facer unhas cremosas e deliciosas croquetas.

Ingredientes
  • 3 ovos Demillo
  • 250 gramos queixo de Tetilla
  • 30 gramos manteiga
  • 150 gramos fariña
  • 500 mililitros leite
  • 150 gramos pan relado
  • Sal
  • Aceite
Elaboración
  1. Derretir a manteiga na tixola e agregar a fariña. Integrar ben cunha culler de madeira e deixamos que se faga uns segundos.
  2. Imos engadindo o leite aos poucos sen deixar de revolver, para ir facendo a bechamel. Unha vez que teñamos todo o leite integrado, co lume a media temperatura, deixamos cociñar uns minutos.
  3. Salpimentamos. Engadimos o queixo de tetilla cortado en anacos e seguimos revolvendo. Deixamos cociñar uns minutos máis.
  4. Vertemos a mestura nun recipiente e deixamos arrefriar durante unha hora.
  5. Mentres a masa arrefría, podemos preparar os ingredientes para o rebozado: batemos os ovos e poñemos o pan relado nun prato.
  6. Cando a masa esté fría e compacta, collemos anacos cunha culler e rebozamos primeiro no ovo. 

  7. Pasamos logo polo pan relado e dámoslle forma redonda coas mans. 

  8. Cando teñamos todas as croquetas rebozadas co ovo e o pan relado, fritimos nunha tixola con aceite ben quente. Doramos ben e sacamos para un prato con papel absorbente. 

  9. Empratamos, e croquetas listas para comer. ¡Qué aproveite!

Palabras claves: Entrantes, Nadal, Galega