Croquetas de queixo de Tetilla
Croquetas de queixo de Tetilla


Croquetas de queixo de Tetilla
Descripción
É un dos queixos máis representativos da gastronomía galega, un manxar co que poderás facer unhas cremosas e deliciosas croquetas.
Ingredientes
Elaboración
-
Derretir a manteiga na tixola e agregar a fariña. Integrar ben cunha culler de madeira e deixamos que se faga uns segundos.
-
Imos engadindo o leite aos poucos sen deixar de revolver, para ir facendo a bechamel. Unha vez que teñamos todo o leite integrado, co lume a media temperatura, deixamos cociñar uns minutos.
-
Salpimentamos. Engadimos o queixo de tetilla cortado en anacos e seguimos revolvendo. Deixamos cociñar uns minutos máis.
-
Vertemos a mestura nun recipiente e deixamos arrefriar durante unha hora.
-
Mentres a masa arrefría, podemos preparar os ingredientes para o rebozado: batemos os ovos e poñemos o pan relado nun prato.
-
Cando a masa esté fría e compacta, collemos anacos cunha culler e rebozamos primeiro no ovo.
-
Pasamos logo polo pan relado e dámoslle forma redonda coas mans.
-
Cando teñamos todas as croquetas rebozadas co ovo e o pan relado, fritimos nunha tixola con aceite ben quente. Doramos ben e sacamos para un prato con papel absorbente.
-
Empratamos, e croquetas listas para comer. ¡Qué aproveite!