Opciones de impresión:

Croquetas de polo sen glute e sen lactosa

Croquetas-sen-glute-sen-lactosa-Demillo
Método de cocción
Cocina
Dificultad Avanzado
Tempo
Tiempo de preparación: 45 minuto(s) Tiempo de cocción: 15 minuto(s) Tiempo de descanso: 30 minuto(s) Tiempo total: 1 h 30 mins
Porciones 25
Mejor temporada Adecuado durante todo el año
Descripción

Unha receita da La Cocinita de Fati Sin Gluten para que todos podamos gozar do marabilloso sabor dunhas croquetas caseiras, sen glute e sen lactosa. Nesta ocasión trátase dunhas clásicas croquetas de polo, pero contámosche como facer a masa (ao modo tradicional e tamén con Thermomix) e a partir de aí, ti elixes o ingrediente para o recheo que máis che guste.

Ingredientes
    Para a masa
  • 1 ovo Demillo (cocido)
  • 600 gramos caldo de verduras caseiro
  • 35 gramos cebola
  • 120 gramos fariña sen glute
  • 140 gramos muslo de polo
  • noz moscada
  • pementa
  • sal rosa do Himalaya
  • Aceite de oliva vire extra
  • Para o rebozado
  • 2 ovos Demillo
  • 150 gramos pan relado de millo sen glute
  • 50 gramos amidón de millo sen glute
Instrucións
    Elaboración tradicional
  1. Mentres cocemos o ovo e o muslo de polo, picamos a cebola e poñémola a pochar en duas culleradas de aceite a lume baixo, para que non se queime.

  2. Engadimos a metade da fariña diluída en líquido e mesturámola coa cebola.

  3. Vamos integrando a outra metade aos poucos e sen deixar de remover. Engadimos tamén as especias (noz moscada, pementa e sal)

  4. Engadimos o recheo (neste caso o polo, cocido e desmenuzado) aos poucos ata obter unha masa homoxénea. Se a masa queda demasiado líquida, hai que diluír outros 30 gramos de fariña nun pouco de caldo e ir integrándoo aos poucos ata que a masa o vaia absorbendo .

  5. Croquetas-sen-glute-sen-lactosa-Demillo

    Deixamos arrefriar a masa unha media hora e a continuación xa podemos facer as croquetas. Cortamos anacos da masa e dámoslle forma.

  6. Rebozamos cada croqueta en fariña, ovo e pan relado (por esta orde) e fritimos en aceite quente (se queremos unha opción baixa en graxa e máis saudable, podemos usar a Airfryer). Douramos polos dous lados e retirámolas a un papel absorbente.

  7. Croquetas-sen-glute-sen-lactosa-Demillo

    E todo listo para gozar dunhas deliciosas croquetas sen glute e sen lactosa!

  8. Elaboración con Thermomix
  9. Cortar / triturar o polo 2 segundos a velocidade 4. Reservar

  10. Poñer o aceite no vaso, quentar 2 minutos, temperatura Varoma, velocidade culler.

  11. Engadir a cebola, cortar 2 segundos a velocidade 5. Sofritir 3 minutos, temperatura Varoma velocidade 1.

  12. Retirar o aceite, coar no escurridor. Agregar 90 gramos da fariña, a cebola, o caldo, as especias, o sal e unha cullerada do recheo. Mesturar 10 segundos velocidade 6. Cociñar 8 minutos a velocidade 4 e 100° de temperatura.

  13. Deixar repousar 5 minutos.

  14. Engadir o resto de recheo, mesturar coa espátula. Deixar repousar outros 5 minutos.

  15. Se unha vez repousado a bechamel segue moi líquida, engadir ata 30 gramos reservados de fariña e volver cociñar 8 minutos a velocidade 4 e 100° de temperatura.

  16. Despois formar as croquetas e rebozar en fariña, ovo e pan relado.

  17. Fritir en aceite quente, dourar por ambos os lados, retirar a unha fonte con papel absorbente e a gozar!

Palabras claves: Sen gluten, Sen Lactosa, Receita tradicional