Opciones de impresión:

Chulas de pan con leite e canela

Sobremesas-de-entroido-Demillo
Método de cocción
Cocina
Dificultad Principiante
Tempo
Tiempo de preparación: 20 minuto(s) Tiempo de cocción: 30 minuto(s) Tiempo de descanso: 20 minuto(s) Tiempo total: 1 h 10 mins
Porciones 4
Mejor temporada Adecuado durante todo el año
Descripción

Son menos coñecidas que as chulas de cabaza (ou calacú), pero as chulas de pan tamén están no receitario tradicional do " Entroido" galego que nos deixaron as nosas avoas. Moi fáciles de preparar, deliciosas tanto para tomar en frío como en quente e perfectas para aproveitar ese pan que se nos vai quedando duro.

Ingredientes
  • 3 ovos Demillo
  • 250 gramos faragullas de pan
  • 5 culleradas de azucre
  • 1 litro leite
  • 1 vaso de leite
  • 2 Canela en rama
  • Pel de limón
  • Aceite
Elaboración
  1. Desmigamos o pan e colocamos a faragulla nun bol. 

  2. Botámoslle un vaso de leite, os ovos batidos e 2 culleradas de azucre. Mesturamos ben e deixamos repousar uns 20 minutos para que a faragulla empápese ben. 

  3. Mentres repousa a mestura, poñemos a ferver o resto do leite con 4 culleradas de azucre, a pel de limón e unha rama de canela. 

  4. Cando ferva, apagamos e reservamos. 

  5. Quentamos abundante aceite nunha tixola. Collemos porcións da mestura de faragulla de pan, dámoslle forma de bolo de vento grande e fritímolas, dourando polos dous lados. Retiramos a un papel absorbente.

  6. Coamos o leite e poñemos as chulas dentro. Deixamos repousar uns 20 minutos e a comer!
Palabras claves: Entroido, sobremesas, tradicional