Opciones de impresión:

Bocadillo de tortilla con sardiñas e pementos

Dificultad Principiante
Tempo
Tiempo de preparación: 10 minuto(s) Tiempo total: 10 mins
Porciones 2
Mejor temporada Adecuado durante todo el año
Descripción

Unha vez que probes este bocadillo de tortilla de sardiñas con pementos, converterase nun imprescindible das túas comidas campestres Unha mestura deliciosa de sabores que se adapta a todos os gustos!

Ingredientes
  • 2 ovos Demillo
  • 1 lata de sardiñas en aceite
  • 100 gramos pementos de Padrón
  • 1 barra de pan de lareira
  • aceite
  • sal
Elaboración
  1. Fritimos os pementos de Padrón en abundante aceite

  2. Batemos os ovos

  3. Engadimos as sardiñas desmenuzadas e mesturamos.

  4. Facemos a tortilla nunha tixola cun pouco de aceite

  5. Abrimos o pan pola metade

  6. Colocamos a tortilla…

  7. … e os pementos encima

  8. Colocamos o outro anaco de pan encima

  9. A comer!

Palabras claves: tradicional, romería, picnic, tortilla