Opciones de impresión:

Bica galega de nata

Receita-de-bica-Thermomix-Demillo
Unha tradicional e deliciosa receita galega para a nosa sección de sobremesas, que tamén poderás facer con Thermomix. Quen se pode resistir a esta receita de bica? Próbaa e verás que non.
Método de cocción
Cocina
Ingredientes
  • 4 ovos Demillo
  • 250 gramos Manteiga
  • 350 gramos Azucre
  • 400 gramos Fariña de repostería
  • 1 Fermento en po
  • 200 mililitros Nata líquida
Instrucións
  1. Receita-bica-galega-Thermomix-Demillo

    Mesturamos os ovos, a manteiga e o azucre ( Thermomix: 30 segundos, Velocidade 5)

  2. Engadimos a fariña e o fermento, mesturamos ben ata que quede unha masa fina ( Thermomix 1 min V5)

  3. Por último incorporamos a nata líquida (Thermomix: 30s, V5)

  4. Receita-bica-galega-Thermomix-Demillo

    Forramos un molde con papel de forno. Botamos a mestura e espolvoreamos con abundante azucre.

  5. Enfornamos a 200º, con calor por arriba e abaixo durante uns 40 minutos.

  6. Receita-bica-galega-Thermomix

    A gozar desta riquísima bica galega!

Palabras claves: Sobremesas, doces, receitas galegas