Ovos de galiñas alimentadas a base de millo
Por que é bo comer ovos na terceira idade

Por que é bo comer ovos na terceira idade

Envellecer é lei de vida. Os cambios no noso organismo polo paso dos anos son inevitables, pero seguir unha boa dieta pode axudarnos a manternos saudables e a vivir máis. Os ovos son un aliado. Comer ovos na terceira idade ten moitos beneficios, o xute de enerxía que necesitas a esa idade!

O ovo, polo seu elevado valor nutricional, a calidade dos seus compoñentes e a súa versatilidade culinaria, ten un especial interese en persoas da terceira idade.

Ter unha dieta rica en ovos achega nas persoas da terceira idade cantidades significativas de proteínas, lípidos, omega 3, colina (importante para a memoria), luteína (un antioxidante natural), acedo siálico ( antiinflamatorio) e carotenos, que minoran o risco de desenvolver cataratas oculares en persoas maiores. Tamén contén minerais e case todas as vitaminas necesarias, entre elas a vitamina.

O ovo é un dos poucos alimentos que achega vitamina D en cantidade considerable. Esta vitamina é moi importante na terceira idade porque axuda ao bo funcionamento do sistema inmunitario e contribúe á absorción e utilización do calcio e o fósforo. A súa deficiencia está relacionada con enfermidades como a osteoporose ou a diminución da masa ósea.

ovos-terceira-idade

Rompemos mitos!

Que o ovo é un alimento rico en colesterol? Pois si, pero colesterol do bo. Contén colesterol sobre toda a xema, pero non aumenta o risco de sufrir enfermidades cardíacas, ao contrario, contén elementos que limpan o corpo de colesterol dañino. Se tes alto o colesterol, tranquilo, non te alarmes! Poderás seguir comendo ovos, só debes moderar un pouco o seu consumo e preferiblemente comelos na súa versión máis sa: cocidos.

Cantos ovos son recomendables na dieta de persoas na terceira idade?

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.