Ovos de galiñas alimentadas a base de millo
Os entroidos galegos os que deberías ir

Os entroidos galegos os que deberías ir

En Galicia o entroido celébrase ao grande. É unha das festas máis esperadas do ano en toda a comunidade, que se vive na mesa e, sobre todo, na rúa. Algúns dos seus entroidos foron declarados de interese turístico internacional. Contámoscho!

Un dos sitios onde máis se viven os entroidos galegos, como case todas as festas, é na mesa. As sobremesas máis típicas nestas festas son as filloas, tamén coñecidas co nome de feixó, fisuelu, marrucho…. Ademais diso, outras receitas imprescindibles son as orellas, orejas ou hojuelas de entroido, as chulas de cabaza, a bica ou as rosquillas.

Pero ademais dunha celebración gastronómica, o noso “Entroido” é unha festa chea de cor, desfiles, comparsas… e moita tradición. Os entroidos de Xinzo da Limia, Verín e Laza, declarados de interese turístico, forman un triángulo máxico, pero ademais hai outros lugares onde estas festas teñen entidade propia.

Entroido de Xinzo de Limia. En Ourense.

Carnval en Galicia - Xinzo de Limia

É a festa máis importante do ano nesta localidade e tamén “o entroido máis longo de Europa”, xa que se celebra ao grande durante cinco fins de semana. Comeza o Domingo Fareleiro e remata o Domingo de Piñata.

Os seus grandes protagonistas son As Pantallas, uns personaxes con traxe branco, máscara de cores elaboradas artesanalmente, unha capa vermella con cintas de cores e campanillas. Dedícanse a perseguir aos homes que non van disfrazados, para levalos polo aire ata o bar máis próximo no que pagarán con cuncas de viño Ribeiro.

Entroido de Verín. En Ourense.

Carnaval en Galicia - Verín

Algúns consideran este entroido galego como o mellor do mundo. Os seus dous elementos máis característicos son “As fariñadas”, batallas de fariña, e os “Cigarrones”, personaxes con medias brancas, calzóns, cencerros e peculiares máscaras, que perseguen aos veciños látigo en man.

Entroido de Laza. En Ourense

Carnaval de cobres

Outro dos entroidos galegos máis tradicionais. Comeza semanas antes de entroido cos seus “folións”.  Os seus personaxes máis característicos son os “Peliqueiros”, que son similares aos Cigarrones de Verín.

Entroido de Cobres. En Pontevedra.

Carnaval de Cobres

As orixes do entroido desta parroquia, situada na ría de Vigo, remóntanse ata o século XVIII. É un dos máis vistosos. Aquí, madamas, galáns e aldeáns representan distintas posicións económicas e roles sociais, coas súas vestimentas e coa posición que ocupan nos pases, bailes e exhibicións.

A Corrida do Gallo é outra das atraccións destes entroidos galegos. Celébrase o martes de Entroido e mentres os mozos corren para roubar o galo, os gardiáns protéxeno. As lloronas, mulleres vestidas de loito, choran polas últimas horas do animal, antes de que acabe no puchero.

Entroido de Viana do Bolo. En Ourense.

carnavales-gallegos-viana

É un dos máis antigos entroidos galegos, e tamén declarado de interese turístico. Nesta localidade ourensá, os preparativos dos desfiles e disfraces empezan ao rematar o Nadal. O personaxe central é o boteiro, que comparte protagonismo cun produto gastronómico: a androlla.

O Boteiro, co seu colorido traxe, a súa enorme pantalla e a súa “monca” (estaca de madeira), danza marcando o camiño polas rúas de todo o pobo.

E o Domingo Gordo celébrase, desde 1970, a “Festa da Androlla”, que congrega a miles de persoas ao redor deste embutido típico da zona. Durante esta xornada sucédense desfiles, boteiros, disfraces e carrozas.

Entroido da Coruña

A cidade herculina ten unha gran tradición de entroido. A festa vívese na rúa durante varios días, con disfraces, comparsas e moita diversión. O martes de entroido, o ambiente está na rúa da Torre, cos seus tradicionais “choqueiros”. Son personaxes que xurdiron no barrio de Monte Alto durante a prohibición franquista e, desafiando o poder, seguiron celebrando o entroido. Hoxe en día os “choqueiros” son aqueles que saen á rúa ataviados co que atopan nos seus armarios.

E para pechar a festa, o enterro da sardiña. Despois de velala de domingo a martes, o mércores a “morta” desfila pola cidade seguida polas plañideras, e acaba o seu periplo na praia de San Amaro.

Outros entroidos galegos que merecen mención son tamén o Folión Tradicional do Entroido de Manzaneda (coas mázcaras), os Xenerais do Ulla e o Entroido de Maceda (cos felos) e o Entroido de Vilariño de Conso (co boteiro como personaxe estrela).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.