Tradicións e rituais da noite de San Xoán. Meigas fora!

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas. Chega a noite meiga en Galicia, a noite das fogueiras, os ramos con sete herbas á luz da lúa, os saltos de ondas, os conxuros… A noite para espantar os malos agoiros e dar a benvida ao verán purificados pola queimada e a calor das cacharelas. O San Xoán galego está cheo de bonitas tradicións e receitas que pasaron de xeración en xeración.

É a noite máis curta do ano, pero en Galicia esas poucas horas están cheas de ritos, tradicións e tamén moitas supersticiones. Que debes facer a noite de San Juan para  empezar o verán completamente purificado? Contámoscho.

Os rituais que non deben faltar na noite de San Juan

Hai algo que nunca pode faltar na noite de San Xoán se queres asegurar a protección para o resto do ano: saltar a fogueira. Algúns din que sete veces, outros nove e outros trece… pero o que está claro é que nunca debes quedarche nun número par. E mentres saltas, non esquezas gritar con forza meigas fora!

Outro imprescindible na noite meiga é o ramo de San Xoán. Aínda que hai varias versións sobre as sete herbas que debe levar este ramo, a máis estendida é a que inclúe xesta, fento, fiuncho, malvas, raíña luisa, romeu e herba de San Xoán. En Galicia véndese en mercados, florerías e mesmo pola rúa. Só hai que mergullalo en auga, deixalo á luz da lúa e lavarse a cara con esa auga á mañá seguinte. E para os máis puristas: deixar que o ramo se seque, gardalo e queimalo ao ano seguinte na fogueira.

Esta é tamén a noite de queimar todo o que queremos deixar atrás. Aproveita as fogueiras para tirar os apuntamentos deste curso que pasou ou os recordos desa parella que xa non funciona. Tamén podes escribir nun papel todo o que queres que quede no pasado e tiralo ao lume.

noite-de-san-xoan

E, por suposto, non podía faltar o noso ritual con ovo para atraer a boa sorte. Ás doce a de noite, casca un ovo e separa a clara. Vértea nunha vaso de auga, pide un desexo e deixa o vaso na xanela toda a noite á luz da lúa. Á mañá seguinte, enterra os restos no teu xardín ou nunha maceta. Se o ovo é de Demillo, seguro que hai máis posibilidades de que se cumpra o teu desexo ;).

Que non falte a comida

Como toda festa e romaría que se prece en Galicia, a comida non pode faltar. As raíñas da noite son, sen dúbida, as sardiñas e o pan de brona (elaborado co noso cereal máis querido, o millo). O cheiro da sardiña á brasa é o cheiro de San Juan, pero tampouco faltan as grellas de churrasco e algunhas sobremesas típicas.

bóla larpeira forma parte do receitario galego tradicional para a noite de San Juan. É unha especie de coca recuberta de crema pasteleira e empapada en caldo de azucre ou caldo de azucre de anís, perfecta para poñer o toque doce á noite.  E se queres unha versión sen glute, A Cocinita de Fati deixounos unha receita.

trenza ou pan de ovo é outro dos clásicos destas datas. No sabor e a elaboración pode lembrar á rosca de reis ou á rosca de pascua.

noite-de-san-xoan

Deja una respuesta

Your email address will not be published.