Galletas de xenxibre: receita do Nadal para os máis peques

Galletas de xenxibre: receita do Nadal para os máis peques

Galletas de xenxibre: receita do Nadal para os máis peques

pinit

Galletas de xenxibre: receita do Nadal para os máis peques

Dificultad: Principiante Tiempo de preparación 30 minuto(s) Tiempo de cocción 10 minuto(s) Tiempo de descanso 2 minuto(s) Tiempo total 42 mins
Porciones: 18
Mejor temporada: Invierno

Descripción

Aínda que as galletas de xenxibre ou gingerbread son coñecidas en todo o mundo, o certo é que en cada país personalízanse dunha forma distinta: en Alemaña son típicos os corazóns, as figuras de animais e as estrelas; en Noruega os anxos; pero podemos darlle a forma que queiramos. Unha receita fácil e super divertida para facer cos máis pequenos, encantaralles!

Ingredentes

Como facer as túas galletas de xenxibre

Para a masa

  1. Nun bol, botamos a manteiga partida, o azucre moreno e o mel

  2. Quentamos a lume baixo ata que se derrita, removemos mentres engadimos o resto de especias e deixamos arrefriar 10 minutos

  3. Tamizamos a fariña, o bicarbonato e o sal

  4. Formamos un oco e engadimos o ovo e os ingredientes húmidos

  5. Batemos coas baleas e mesturamos todo ata que quede unha masa homoxénea

  6. Envorcar a masa nunha base con papel filme, estendela e envolvela co papel

  7. Deixamos arrefriar, polo menos, dúas horas

  8. Prequentamos o forno a 180ºC e preparamos un par de bandexas con papel de forno enfarinado

  9. Dividimos a masa en dúas metades e estendemos co rodete, deixando un grosor de 4-6mm (canto máis finas, máis crocante!)

  10. Utilizamos os cortadores das figuras que máis nos gusten para recortar, colocamos na bandexa...e ao forno!

  11. Agardamos 10-12 minutos a que os bordos se vexan tostados para sacalas e deixamos arrefriar

Para decoralas

  1. Nun bol, engadimos aos poucos o azucre glasé e removemos con axuda dunha espátula

  2. Cunha manga pasteleira, decoramos as nosas galletas como queiramos, e a comer!

Palabras claves: Nadal, infantil, receitas con nenos, infantil
Deja un comentario

Your email address will not be published.