Figuritas de mazapán caseiro

Figuritas de mazapán caseiro

Figuritas de mazapán caseiro

pinit

Figuritas de mazapán caseiro

Dificultad: Principiante Tiempo de preparación 28 minuto(s) Tiempo de descanso 20 minuto(s) Tiempo total 48 mins
Porciones: 10

Descripción

É un dos sabores máis tradicionais do Nadal e unha das receitas máis fáciles de facer e máis divertidas para facer cos máis pequenos.... e con só tres ingredentes.  Ademais, o sabor non ten nada que ver cos que se compran. Seguro que vos encantarán e os nenos pasaranllo de marabilla deixando voar a súa imaxinación  para darlles forma e decoralos. 

Ingredientes

Elaboración

  1. Separamos as claras e as xemas. Reservamos. 

  2. Nun bol, mesturamos a améndoa moída e o azucre glass. 

  3. Integramos a clara de ovo e mesturamos cun garfo ata que se empecen a formar boliñas de masa. 

  4. A partir de aquí, seguimos amasando coas mans ata que todo estea ben compactado. Este é un bo paso para pedir axuda aos pequenos e que poñan o seu gran de area co amasado. 

  5. Envolvemos a masa en filme transparente e deixamos repousar 20-30 minutos para que se hidrate. 

  6. Sacamos a masa do filme e, sobre unha superficie plana, estirámola a un grosor de 1-2 cm. Nisto tamén che poden botar unha man os nenos. 

  7. E chega o momento máis divertido, facer a figuritas. Podedes usar moldes cortapastas ou deixar voar a imaxinación e facer  as figuras a man. 

  8. Para decorar as figuras, podedes usar un escarvadentes ou unha espetada. 

  9. Só queda un paso antes de entrar no forno: pintar as figuritas coa xema dos ovos que separastes ao principio da receita. 

  10. Agora, directos ao forno. Gratinades 4 ou 5 minutos ata que estean dourados pola parte de arriba.

  11. Sobremesa do Nadal tradicional preparado. A gozalo con toda a familia!

Palabras claves: Nadal, infantil, receitas con nenos, infantil, sobremesas
Deja un comentario

Your email address will not be published.