Por qué as nosas galliñas comen millo?

Por qué as nosas galliñas comen millo?

Ver á avoa tirando millo ás galiñas foi e é unha estampa típica nas aldeas galegas. E se a avoa o fai, por algo será… En Galicia gústanos facer as cousas ben, e se dende sempre o millo foi a base da alimentación das aves é por unha boa razón: as súas características nutricionais son óptimas para elas. Por iso as nosas galiñas comen millo. 

O millo é, principalmente, unha excelente fonte de enerxía para as galiñas. É o gran de cereal con maior valor enerxético, polo alto contido en amidón e graxa que hai dentro do gran.

O amidón, que ten unha alta dixestibilidade, achega contorna ao 90% desa enerxía, mentres que as graxas achegan o outro 10%. Esas graxas son tamén unha boa fonte de acido linoleico, que inflúe no tamaño dos ovos e na concentración de ácidos graxos poliinsaturados Omega 6 e Omega 3. Pero ademais, o millo contén proteínas, lípidos, vitaminas, minerais… e pigmentos naturais.

Unha cor máis intensa de forma natural

Os pigmentos naturais do millo proceden da xantofila. Este nutriente, que contén mono e dihidroxipigmentos ( luteína e zeaxantina), é un activo que dá cor aos ovos e á carne.  É o responsable de que, dunha maneira natural, as xemas dos ovos Demillo teñan unha cor máis intensa.

Por todas estas vantaxes é polo que nosas galiñas comen millo. O millo é a base da súa alimentación, que se complementa con outros cereais da mellor calidade que suplen algunhas das carencias de proteína, calcio, sodio ou microminerales que ten este gran.

2 thoughts on “Por qué as nosas galliñas comen millo?
  1. 5 razones por qué el huevo es un súper alimento - Demillo

    […] pigmentos amarillos (que también están relacionados con el color de la yema del huevo) se depositan en la retina y el cristalino y forman una capa protectora —una especie de […]

    mayo 31, 2021 Reply
  2. 5 razóns polas que o ovo é un súper alimento - Demillo

    […] pigmentos amarelos (que tamén están relacionados coa cor da xema do ovo) deposítanse na retina e o cristalino e forman unha capa protectora —unha especie de filtro— […]

    junio 15, 2021 Reply
Deja una respuesta

Your email address will not be published.