0 Samaín en Galicia

0 Samaín en Galicia

Na noite do 31 de outubro é cando todo ocorre. Segundo os celtas esa noite é o inicio e o fin.

Antes de chamarse Halloween xa era Samaín e representa o inicio de todo. Deriva da palabra gaélica samhain que significa literalmente “fin do verán” e que marca o comezo do inverno. Celébrase tanto o final da colleita como o último día do ano conforme ao calendario celta que tiña o lugar o 31 de outubro.

Foron os irlandeses os que levaron a América as tradicións que coñecemos hoxe de Halloween, pero antes de cruzar o charco e converterse nunha icona de EE. UU., xa se celebraban aquí en Galicia. E como curiosidade, a este lado do océano, nada de cabazas, aquí o que levaba eran os nabos.

Como toda festa que se prece, o Samaín en Galicia tamén ten as súas especialidades culinarias. De feito, unha dos costumes da noite, era deixar comida na mesa por se os mortos viñan de visita. E por suposto o ovo está presente na parte máis doce da festividade (sen trucos). Aquí deixámosvos algunhas ideas para sorprender (non asustar) aos teus invitados.

Samaín-DemilloChulas de cabaza galegas e biscoito de cabaza

As Chulas de cabaza son unha especie de bolos de vento típicos nesta época pero que se poden gozar en calquera momento do ano. Cada cociñeiro ten a súa propia técnica e dentro desta receita podes atopar moitas variedades, coma a que nos ensina Fabrisa. Se che sobra masa e queres sorprender, podes preparar tamén un budin de cabaza, como propoñen en La Cocina de Lechuza.

O biscoito de cabaza é outra das nosas opcións favoritas para o Samaín Gallego. Unha receita das que todo o mundo teme non probar. Unha receita moi sinxela que deixará a todo o que o probe sen palabras.

Pantasmas de merengue

Os Pantasmas de merengue están terriblemente bos e son moi propios para a ocasión. Visten a túa mesa Samaín, iso si, pouco durarán porque son unha delicia!

Os ósos de Santo

Ainda que hoxe en día podes atopalos recheos de chocolate, amorodo, coco e mesmo iogur, os auténticos e orixinais ósos de santo están recheos de doce de xema.  E coas xemas dos ovos Demillo quedarán perfectos.

Ovos recheos cun toque escuro

Dá renda solta á túa imaxinación é fai que o teu prato de medo e fame á vez. Ovos recheos cun toque escuro, un típico moi diferente.

Pantasmas de ovo duro.

Ovos cocidos como os de toda a vida pero cun toque fantasmagórico. Fáciles, saudables e ademais decoran a túa mesa.

 

¡Feliz Samaín!

 

 

Deja una respuesta

Your email address will not be published.