O millo en Galicia, unha tradición gastronómica, cultural e etnográfica

O millo en Galicia, unha tradición gastronómica, cultural e etnográfica

Os campos de millo forman parte da paisaxe galega desde hai séculos. En Galicia hai unhas 200.000 hectáreas dedicadas ao cultivo deste cereal, que ademais está ligado a moitas das tradicións culturais e gastronómicas galegas… entre elas, a alimentación das galiñas.

Desde que chegou de América, fai uns 300 anos, o millo adaptouse con facilidade ás condicións climáticas e ao chan de Galicia. Segundo o historiador Fermín Bouza-Brey, o millo chegou aquí a principios do século XVII e empezou a cultivarse no norte, na zona de Mondoñedo, desde onde se foi estendido progresivamente polo resto do territorio.

Pan, empanadas e tortas

Na cociña galega, o millo ten grandes receitas que forman parte da tradición culinaria desde hai moitos anos. O pan de millo ou pan de brona é un deles. Orixinario de Galicia e Portugal, é un pan elaborado con fariña de millo e unha pequena porcentaxe de trigo, cunha faragulla compacta, sen apenas buracos e un pouco húmida. O seu sabor e o seu aroma son únicos. Tamén as empanadas de millo é outro dos manxares típicos de Galicia. De xoubas, de zamburiñas, de polbo, de zorza… é unha delicia digna de probar.

E en repostería, a torta de Guitiriz, que conta a lenda que é un milagre da Virxe. Este doce típico da localidade lucense que lle dá nome é unha rosca esponxosa, con faragulla compacta e moi amarela e un característico sabor que namora calquera padal.

o-millo-en-galicia

Os hórreos

E se hai algo unido ao millo en Galicia son os famosos hórreos, unha das representacións máis típicas do patrimonio etnográfico galego. A súa construción tradicionalmente estaba destinada a secar, curar e gardar o millo (xunto con outros cereais) antes de debullalos e moelos.

A medida que as colleitas de millo aumentaban en Galicia, aumentaba a necesidade de conservalo mellor. Os tradicionais celeiros que se usaban para o trigo ou o centeo non eran apropiados para que o millo secase e estivese protexido de roedores ou insectos, así que apareceron os hórreos, espazos altos, ben aireados e espazosos. A día de hoxe estímase que hai uns 30.000 hórreos en toda Galicia, con algúns exemplares que ben merecen unha visita.

millo-en-galicia

Deja una respuesta

Your email address will not be published.