Feliz Día da Tortilla de Patacas!

Feliz Día da Tortilla de Patacas!

Con cebola, sen ela, con pementos, con chourizo… é un dos pratos máis icónicos (e saborosos) da gastronomía española, aquí e en todo o mundo. Este 9 de marzo celebramos o Día Mundial da Tortilla de patacas e queremos contarche algunhas curiosidades sobre como chegou a ser unha comida imprescindible nas nosas casas.

Orixe

Como todo, esta mestura de patacas, ovo e aceite ten un punto de orixe. Aínda que son moitas as teorías que existen sobre os comezos da tortilla de pataca, hai unha que destaca sobre as demais: xurdiu como unha opción nutritiva e económica para alimentarse.

A lenda máis estendida sitúa a súa orixe no 1835, nas Guerras Carlistas, durante o sitio da cidade de Bilbao.  O xeneral Tomás de Zumalacárregui buscaba un prato sinxelo, rápido e nutritivo co que saciar ás súas tropas, e xurdiu a tortilla de patacas.

Outra versión vai máis atrás, concretamente ao ano 1798 e a Villanueva de la Serena (Badajoz). O marqués de Robledo quería tamén un alimento barato para paliar a fame, e coa axuda dalgunhas mulleres, deu con esta receita.

Trucos para unha tortilla de patacas perfecta

Sexa cal fora a súa orixe, e o seu inventor, agradecemos este manxar que nos alegra o padal de formas moi variadas. Pero, como conseguir unha tortilla de patacas perfecta? Contámosche algúns trucos, apunta:

O primeiro, e fundamental, é a calidade da materia prima. Os ovos, por suposto, de galiñas alimentadas con millo, como os de Demillo, que lle darán unha bonita cor amarela de maneira natural e un sabor inigualable. Respecto as patacas, aínda que seguro que algunha vez caíches na rápida tentación de usar patacas fritas de bolsa, se de verdade queres unha tortilla de patacas 10, toca pelar. E segundo os expertos, a mellor variedade de patacas para este prato son as tipo Kennebec, que non teñen tanta auga como o resto. Por último, o aceite, de oliva suave.

E con estes tres ingredientes e un chisco de sal, xa te podes poñer ao choio: corta as patacas en láminas duns 3 mm; póchalas nunha tixola con abundante aceite a lume lento, ata que estean brandas e lixeiramente douradas; bate os ovos (que deben ser os suficientes para que as patacas poidan bailar e non quede unha masa espesa); mestura patacas e ovo, engade sal… e a callar.

O callado é o momento clave. Os grandes chefs din que unha tortilla de patacas debe estar callada por fora, pero zumarenta e cremosa por dentro, co ovo un pouco líquido. Usa unha tixola antiadherente, cun pouco de aceite moi quente. Bota a mestura de patacas e ovo, deixa que se calle un pouco, dalle a volta e repite polo outro lado. En canto a tortilla baile na tixola, xa a podes sacar.

Variedades para todos os gustos

Ademais  do clásico dilema de “con ou sen cebola”, hai variedades de tortilla para todos os gustos. Están as máis clásicas: tortilla de patacas con cebola e a tortilla paisana, hai algunhas moito máis atrevidas.

Deixámosche algunhas das nosas receitas para que tomes nota e poidas darlle un toque diferente á túa tortilla, e celebrar este día: pementos de padrón, batata e cebola, pementos e chourizo.

Tortilla-de-patacas-e-boniatoTORTILLA DE PATACAS, BATATA E CEBOLA

tortilla-de-patacas

TORTILLA DE CHOURIZO E PEMENTO

Tortilla-de-patacas_pimientos_Demillo

TORTILLA DE PEMENTO DE PADRÓN

tortilla-de-patacas

TORTILLA DE PATACAS CON CEBOLA

Deja una respuesta

Your email address will not be published.