Cinco  tostas con ovo para un menú de brunch perfecto

Cinco tostas con ovo para un menú de brunch perfecto

Chega a fin de semana e apetece levantarse tarde. Ás veces, tan tarde que non sabes se preparar o almorzo ou xa pasar á comida. Pero por que non unir ambas? Os brunch son unha desas modas que foron gañando terreo nos últimos anos… e encántanos! Pero hai algo que non pode faltar: unhas boas tostas con ovo. Deixámosche unha selección top!

A palabra brunch é a unión das palabras inglesas breakfast (almorzo) e lunch (comida), e na súa versión máis fiel á idea orixinal inclúe unha mestura de pratos doces e salgados, café, zumes e, para os máis ousados, un bloody Mary… Pero imos ao que nos incumbe, as tostas e a nosa pequena selección.

Tostas con ovo Benedictine

Os ovos Benedictine son un dos pratos estrela en todo brunch que se prece, e na súa receita máis clásica tómanse nunha tosta con queixo, bacon, ovo escalfado e salsa holandesa.

Prepara primeiro a salsa holandesa: manteiga clarificada, ovo, sal, pementa negra e un chorro de limón. A preparación é similar a unha maionesa: coloca no vaso da batedora todos os ingredientes (menos a manteiga) e empeza a bater colocando a batedora no fondo do vaso e sen movela. Empeza engadir a manteiga e cando a salsa empece a callar, xa podes mover a batedora para acabar. Agora corta pan, tóstao un pouco e coloca encima queixo e bacon frito. Prepara o ovo escalfado, colócao encima e báñao coa salsa.

tosta-para-brunch
Tosta con ovo revolto, tomatitos e espinacas

Unha opción de tosta con ovo moito máis rápida e fácil. Só tes que tostar pan, colocar unhas espinacas frescas encima, preparar uns ovos revoltos con dous ovos Demillo, cortar uns tomatitos. Espolvoreas cunhas sementes… e listo para comer. Deliciosas!

tostas-con-ovo

Tosta con ovo cocido, aguacate e salmón

Outra alternativa moi sinxela, pero igualmente deliciosa. Neste caso optamos polo ovo cocido (cocémolo uns seis minutos para que a xema non se faga do todo), salmón afumado e aguacate. Un trío perfecto para colocar sobre unha tosta de pan galego.

tostas-con-ovo

Tosta con ovo escalfado, aguacate, tomate e xamón

É unha das nosas favoritas, unha combinación gañadora para a que eliximos como basee pan alemán (aínda que podes elixir o que máis che guste). Tosta o pan, machuca o aguacate para facer unha pasta, unta sobre o pan e coloca encima tomate, xamón serrano e, por último, o ovo escalfado. Un escándalo!

tostas-con-ovo

Tosta con ovo frito ou á prancha

E non podiamos pechar esta selección de costas con ovo sen unha que levase o sempre irresistible ovo frito (aínda que para os que queiran unha opción máis sa, tamén pode facerse á prancha). Para esta, unta a torrada de pan con algún queixo untable e coloca encima verduras salteadas (podes poñer espinacas, tomatitos, brócoli…), aguacate e un ovo Demillo frito.

Tostas-con-ovo

Deja una respuesta

Your email address will not be published.