Ceas lixeiras, pero deliciosas!

Ceas lixeiras, pero deliciosas!

A tendencia é cear moito e comer pouco durante o día. Isto ocorre porque ou estamos ata arriba de traballo, estudando, con mil recados que facer…  e non estamos tan predispostos a comer tranquilamente. Chegas a casa, reláxasche, a fame aperta e eliximos ceas moi pesadas. BASTA!

Como todos sabemos, cear demasiado pode facer que, como pouco, non pases unha boa noite. Para que as ceas sexan saudables, ademais de elixir un bo prato, o recomendable é que se realicen dúas horas antes de deitarse. Iso si, non sexamos extremistas, cear lixeiro non significa non cear.

En Demillo creamos unha sección con ideas de ceas lixeiras e deliciosas con ovo. Neste post deixámosvos unhas cantas e cada xoves publicámolo nos nosos perfís de Instagram e Facebook. ¡Atentos!

Tostas Demillo

As tostas son un clásico que sempre funciona. Propoñémosche unha de ovo revolto, tomatiños e espinacas frescas, para a que necesitarás 1 ovo Demillo, tres tomates cherry, espinacas frescas, pan e sementes. Bates o ovo e faino revolto na tixola cun pouco de aceite. Tosta o pan e coloca encima as espinacas, o ovo revolto e os tomatiños aderezados. Espolvorea cunhas sementes por encima… e listo! E se segues con fame, proba con esta outra opción: tosta de aguacate, tomate, espinacas e ovo escalfado.

Ensaladas Demillo

Cumpren todos os requisitos para as nosas ceas lixeiras, rápidas e saudables, e ademais teñen mil combinacións posibles e pódense tomar en calquera parte. Que máis se pode pedir?

Se tivésemos que nomear todos os ingredientes que podes meter nunha ensalada non acabariamos nunca. En Demillo somos dos que pensan que menos é máis e deixámosvos unha opción que sempre funciona: leituga, tomate, cogombro, cenoria… e por suposto ovos Demillo!

E se queres algo máis especial e perfecto para animar aos nenos da casa para comer verdura, propoñémosche esta ensalada de ovos cogomelo. Sinxela, sa, divertida e riquísima!

Ensalada-de-ovos-demillo

Wrap Demillo

Son unha variante dos burritos mexicanos, pero con recheos máis típicos do sandwich. Con carne, vexetais, marisco… de calquera xeito están bos, pero con ovo moito mellor. Por ejemplo, este wrap de ovo cocido, queixo Arzúa-Ulloa e xamón. Fácil e riquísimo!

Non esquezas visitar as nosas redes para máis ideas sinxelas, rápidas e deliciosas!

Deja una respuesta

Your email address will not be published.