Ovos de galiñas alimentadas a base de millo
En Galicia o entroido celébrase, e ao grande!

En Galicia o entroido celébrase, e ao grande!

Somos galegos; comer, beber e celebrar vai no noso ADN. O “carnaval”, 0 entroido na nosa terra, é todo un acontecemento cargado de saborosas costumes e tradicións.  Contámosvolo todo!

As sobremesas máis típicas nestas festas son as filloas tamén coñecidas co nome de feixó, fisuelu, marrucho….Un imprescindible en entroido. As orellas, orellas ou hojuelas de entroido, as chulas de cabaza, bica e rosquillas. Se non probaches algunha destas delicias, estás na época ideal. Atoparalos en moitas versións, como se adoita dicir cada un ten a súa técnica. Ademais de ser unha celebración na que pegarse un banquete gastronómico é unha obrigación, é unha festa chea de cor, bailes, desfiles, comparsas…

En Galicia hai entroidos que teñen recoñecemento de interese turístico en todo o mundo.

Entroido de Xinzo de Limia. En Ourense.

É a festa máis importante do ano nesta localidade e tamén o entroido máis longo de España, xa que se celebra ao grande durante cinco fins de semana, comezando o Domingo Fareleiro e terminando o Domingo de Piñata. Uns personaxes coñecidos como As Pantallas son característicos do Entroido de Xinzo de Limia. Non te podes perder o desfile de carrozas do Martes de Entroido.

Entroido de Verín. En Ourense.

Entroido de Verín

Algúns a nomean como o mellor entroido do mundo. As “ fariñadas” (batallas de fariña) e a figura do “ Cigarrón” son os elementos característicos do Entroido de Verín.

Entroido de cobres. En Pontevedra.

Entroido de Cobres

As orixes do Entroido desta parroquia situada na ría de Vigo remóntanse ata o século XVIII. Aquí, madamas e galáns (mulleres e homes vestidos de branco) e aldeáns representan distintas posicións económicas e roles sociais, tanto mediante as súas vestimentas como pola posición que ocupan nos pases, bailes e exhibicións.

Entroido de Laza. En Ourense.

Entroido de Laza

É un dos entroidos máis tradicionais dos que hai en Galicia. Ritos e personaxes ancestrais protagonizan o transcorrer destas irreverentes festas que aquí comezan semanas antes dos días grandes de entroido, con catro Venres de Folión.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.