Ovos de galiñas alimentadas a base de millo
De viaxe polos 5 continentes: receitas internacionais con ovo

De viaxe polos 5 continentes: receitas internacionais con ovo

Coñeces algún lugar do mundo onde non se coman ovos? Non fai falta que penses moito a resposta… seguro que non. Non é só un dos alimentos máis completos e versátiles que existen, tamén é universal e non coñece de fronteiras. E para mostra, 5 receitas internacionais con ovo que proban que triunfa nos 5 continentes.

Europa: Pasta Carbonara… ou ovos escoceses

Aínda que sabemos que a nosa tortilla de pataca (en todas as súas versións) é a raíña europea das receitas con ovo, esta vez imos cederlle o protagonismo a outro clásico: a pasta carbonara. Aínda que en España é moi habitual usar nata para facela, a receita orixinal italiana (é dicir, a auténtica carbonara) faise exclusivamente con ovo, bacon e queixo. Aquí tedes un titorial de Poesía de Fogon.

Recetas-internacionais-con-ovo-Demillo

E outro clásico do continente son os ovos escoceses que, a pesar do que suxira o seu nome, parece que non son orixinarios de Escocia. Hai varias teorías sobre a súa orixe: unha di que foi unha adaptación inglesa das Kofta indias, outra que foi un invento duns luxosos almacéns londinienses como refrixerio para as clases altas.

Sexa como for, este ovo duro recuberto de carne de porco e rebozado é hoxe en día son unha das comidas inglesas con máis éxito. Podes atopalo tanto nun picnic como no menú gourmet de moitos restaurantes.

Asia: Ovos Garam Masala

Chegamos a Asia e á marabillosa cociña india. Calquera que teña visitado este país sabe que alí nada é insípido. A súa cociña caracterízase pola mestura de especias e unha das máis coñecidas é a Garam Masala.

Esta mestura é orixinaria do norte de India e contén normalmente noz moscada, coandro, comiño, canela, cravo, cardamomo e pementa negra, aínda que non hai unha receita única. E utilízase para condimentar carnes, peixes, verduras… e tamén ovos.

Os ovos Garam masala son ovos cocidos acompañados desta icónica mestura. Aquí tes unha receita… próbaa porque non che deixarán indiferente.

Receitas-internacionais-con-ovo-Demillo

África: Shakshuka

A nosa seguinte parada neste roteiro de receitas internacionais con ovo: África. Concretamente, os países do norte do continente. A Shakshuka é unha receita tradicional da gastronomía árabe, parece ser que de orixe magrebí e moi popular en Marrocos, Exipto, Libia ou Alxeria.

E en que consiste? Pois son basicamente uns ovos con tomate… pero na gastronomía árabe, tampouco nada é tan simple. Normalmente, cocíñanse en tajine (ou na súa falta, nunha tixola de ferro) e son ovos escalfados cunha salsa que mestura tomate, cebola, guindilla e á que tamén se adoitan engadir verduras e hortalizas como a cabaciña, o pemento ou a berenxena. El Comidista ten a súa receita.

Receitas-internacionais-con-ovo-Demillo

América: Tamal Colombiano

A gastronomía de América é tan grande e diversa como o continente, pero nós imos facer parada en Colombia para coñecer uns dos seus tamales. E por que? Porque levan os nosos dous ingredientes preferidos: ovos e millo.

Os tamales son típicos en moitos países de América Latina e hai moitas receitas e formas de elaboralos. Os que nós eliximos elabóranse con ovo, arroz, carne de porco, cenoria e pataca envolta en masa de fariña de millo e follas de platano ou de mazorca de millo.

Tamales-colombianos

Oceanía: Pavlova Cake

Conta a lenda que o chef do hotel onde se hospedaba a bailarina Anna Pávlova nas súas xiras por Australia inventou esta sobremesa en honra a ela.

Hoxe en día é unha das tortas máis representativas de Australia e Nova Zelandia… e o ovo é o gran protagonista. É unha desas comidas que se comen cos ollos e coa boca, porque ademais de ser deliciosa, o seu aspecto é irresistible. Un merengue con nata e coroado con froitos vermellos… unha delicia por igual para a vista e para o padal. Crujiente por fóra e cremoso por dentro. Aquí unha receita de María Lunarillos.

Tarta-Pavlova-Demillo

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.