Cinco trucos para separar claras e xemas
Hoxe imos separar claras e xemas! É unha das primeiras probas “de nota” ás que se enfronta calquera amante da cociña. E pode parecer fácil… pero conseguir que a xema se separe sen romper, como todo, ten a súa técnica. Aquí van varios trucos.
Coa propia casca, como toda a vida
O método máis clásico, que se usou desde que o ovo é ovo e a cociña cociña, é cascar o ovo polo medio, colocalo encima dun prato ou bol, e ir pasando a xema dunha metade á outra. En tres ou catro movementos, como moito, conseguirás que toda a clara se escorrese ao prato e na casca do ovo quede só a xema.
Cales son os inconvenientes desta técnica? Que a clara escorrega pola parte exterior do ovo e pode arrastrar sucidade se a hai (aínda que neste momento, todos os ovos que compras no supermercado están limpos e non presentan ningún problema). Tamén, que ao pasar dun lado ao outro, a xema pódese rozar con algunha esquina da casca e romper antes de que se separe por completo da clara.
Outra versión desta técnica, que tamén se usou toda a vida, é a verter o ovo na man e ir pasando a xema dunha man a outra, con coidado de que non rompa e se espalle.
A técnica da botella
É un deses trucos que se fixeron famosos na internet, e atoparás unha chea de vídeos demostración (ata Karlos Arguiñano o probou). Cascas o ovo nun prato, colocas unha botella de plástico boca abaixo, coa embocadura tocando a xema, apertas a botella e a soltas de golpe. A botella absorberá a xema e a clara quedará no prato.
O pero desta técnica, que é fácil que a xema se che rompa ao sacala de novo da botella… aínda que se a vas a bater, tampouco importa moito.
De pesca coa culler sopeira
Con esta alternativa, toca pescar. Casca os ovos nun bol e utiliza unha culler sopeira para “pescar” as xemas. Como son un pouco escurridizas, igual se che resisten un pouco, pero seguro que o acabarás conseguindo.
Un separador de claras
Para os que non queren usar o método tradicional e prefiren unha técnica máis “limpa”, están os separadores de claras. Hainos de todas as formas e cores. De plástico, de madeira, de metal… e atópanse facilmente en bazares e ferraxerías.
Son unha especie de coladores co fondo pechado para que a xema non se escape pero a clara poida escorrerse. A vantaxe é que é fácil de usar, o ovo non entra en contacto con ningún outro elemento e pódese lavar. Pero claro, é outra cousa máis que gardar nos caixóns e non sempre o imos a ter a man.

Cun dente de allo
Pois si, é un dos últimos trucos que apareceu por Internet, concretamente en Tiktok. @ callumgray0 deixou a súa particular e estraña técnica para separar claras e xemas, cun allo pelado, un bol, un ovo e unha cunca baleira.
Primeiro frégase os dedos co allo, logo colle a xema e, voilá, sepárase da clara sen ningunha dificultade.
Agora só queda que poñades en práctica estes trucos e preparedes algunha das nosas receitas!